A proposta “…Et Edendo, Lucus” nace como unha forma de descubrir o destino a través da enogastronomía, conectando patrimonio, produto local e territorio nunha experiencia completa.
Un destino para os cinco sentidos
En Lugo, a experiencia turística constrúese a través dos sentidos:
- O aroma da cociña tradicional
- A textura dos produtos locais
- O son dos mercados e da vida cotiá
- A paisaxe natural e urbana
- E, por suposto, o sabor
Produto local e identidade
A base desta experiencia é o produto. Lugo destaca pola calidade das súas materias primas e pola presenza de múltiples selos de calidade. A Ribeira Sacra lucense, amparada pola Denominación de Orixe, é un dos territorios vitivinícolas máis singulares de Galicia, con máis de 70 adegas e unha paisaxe marcada pola chamada “viticultura heroica”, debido á inclinación das súas ladeiras.
Xunto ao viño, a provincia conta cunha destacada produción queixeira, representada polas catro Denominacións de Orixe Protexidas de Galicia: Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa, Tetilla e Cebreiro. A isto súmanse produtos como a I.G.P. Grelos de Galicia, así como a proximidade con outras zonas vitivinícolas como o VIño da Terra de Betanzos.
Todos estes produtos de calidade atopan na cidade de Lugo un espazo de confluencia. A través da hostalería, a restauración e lugares como a Praza de Abastos, o visitante pode descubrir unha gastronomía basada na proximidade, na confianza e o respecto pola orixe.



